Boas compañeir@s!!
Debido ao comentario que deixaron nunha das entradas, no que nos pedian máis lendas da illa de Ons, atopamos unha que está relacionada coa Lanzada. Por isto pareceunos interesante realizar unha entrada dedicada a Lanzada.
A Lanzada é unha praia que está situada no extremo occidental da comarca do Salnés. É unha das praias máis coñecidas e grandes de Galicia. Di a lenda que aquelas mulleres que non poidan ten fillos deberán bañarse e contar sete olas dende o número dous ata o numero nove se queren conseguir a fecundidade. As mulleres que queiran completar o rito de fecundidade deberán acostarse sobre a cama da Virxe que está preto da Ermita da Nosa Señora da Lanzada.
Esta é unha das lendas da praia da Lanzada, sen embargo, esta praia tamén esta asociada a unha das lendas da illa de Ons, na que se di que hai un tunel baixo a auga que une a illa de Ons coa Ermita da Nosa Señora da Lanzada.
Cabe mencionar que durante o último fin de semana de agosto celebrase a Romeria da Virxe da Lanzada e que a noite do sábado acuden centos de mulleres que desexan quedarse embarazadas.