Hola compañei@s!
Aproveitando a nosa saída a cidade de Pontevedra, esta entrada estará dedicada
a ela.
Percorremos varios
puntos fundamentais da cidade guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, o cal ten
un gran coñecemento da historia desta cidade.
Foi unha
experencia diferente e boa de coñecer en primeira man os lugares e a súa
historia, o que resultou moi beneficioso.
Cremos que na
Educación Infantil e máis concretamente nas ciencias sociais, as saídas de
campo son moi importantes, xa que a través da experiencia e do contacto co
entorno favorecese o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
É necesario antes
dunha saída coñecer que é o que se vai
visitar, cal é o obxectivo e de que
forma se vai levar a cabo. Unha vez rematada a saída farase unha posta en común
de todos aqueles aspectos relevantes, e se é necesario posteriormente realizar algunha actividade
para reforzar o aprendido.
En canto os
lugares visitados nesta saída, en relación co noso blog podemos centrarnos en
algunhas das lendas desta cidade coma é a lenda do pirata Benito Soto, a cal
chamounos a atención por ser considerado o último gran pirata do Atlántico.
Conta a lenda que
este pirata foi executado en 1830 en Xibraltar por orden do tribunal inglés.
Estaba acusado de ter exercido 7 anos de piratería no Atlántico, 75 asasinatos
e o saqueo de dez barcos. Cerca de dous séculos máis tarde, o bucanero e a súa
embarcación, o “Burla Negra”, reapareceron coa firme intención de recrutar a
tripulación necesaria e reprender a súas fecharías.
A morte de este
pirata inspirou a José Espronceda para compoñer o seu poema “Canción del
pirata”, o cal foi recordado polas calles de Pontevedra.
A lenda de este
pirata pervive diante da Casa das Campás, onde se di que esconde o seu tesouro.
Este ano
celebrouse no Carnaval a festa deste pirata, onde moita xente achegouse o casco
histórico vestidos de piratas para
renderlle culto e revivir esta lenda a cal compite coa xa tradición
carvanalesca do loro Ravachol. Considérase pois que este loro encontrou o seu
pirata.
Casco histórico de Pontevedra na celebración do carnaval