martes, 28 de febrero de 2012

Ruta dos muíños


Despois de coñecer a lenda e o funcionamento dos muíños de auga,  propoñemos unha visita por algunhas das rutas máis coñecidas  de Pontevedra, co fin de que os nenos poidan ver máis de preto a súa utilidade ademais de ter un contacto máis directo coa natureza.
En primeiro lugar propoñemos visitar os muíños pretos da poza, unha ruta encantadora que nos remonta a tempos pasados cando os vellos muíños estaban en pleno rendemento.
Outra ruta de interese é a de Samieira (Poio) con 15 quilómetros de percorrido. Nela hai 23 muíños, dos que actualmente só dous funcionan e outros dous foron restaurados.


O sendeiro comeza na praia ata o Foxo das Vacas. O primeiro quilómetro de percorrido transcorre por Samieira, onde podemos contemplar multitude de exemplos da arquitectura e de arte popular, dende casas de construción típica galega ata hórreos e cruceiros. O camiño transcorre por pistas forestais visitando algúns dos puntos máis salientables do monte de Samieira. Pasaremos por fontes, calzadas, miradoiros naturais, enclaves de formacións xeomorfolóxicas e mostras do noso pasado prehistórico.
Estes son algunhas das rutas de interese ainda que tamén hai moitas mais de interese.



Os muíños eran lugares de encontro e espera das longas horas de moenda, tanto polo día como pola noite. Isto incitaba a un ambiente festivo e de troula, que ven reflectido pola música popular (as muiñeiras) e o folclore das cantigas:

“unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí que é foliada”




Parque da Natureza do Río Barosa (Barrro)
Mestura natureza e arquitectura popular e o converte en arte.  Presenta unha fermosa cascada e  catorce muíños de auga que foron recuperados pola Escola Obradoiro “Camiño de Santiago-Barro”. O lugar tamén conta con paneis informativos sobre a flora na que predominan os amieiros, carballos, pinos e eucaliptos e as rutas da zona.

martes, 14 de febrero de 2012

Poza da Moura

A primeira lenda coa que imos traballar é a da Poza da Moura. A poza da Moura atopase en Domaio- Moaña.



Conta a lenda que fai moitísimo anos un mouro vivía en Domaio coa súa fermosa filla. Esta rapaza namorouse dun campesiño da zona e os dous víanse en secreto na poza para que ninguén se enterase. Pero un dia o pai da rapazada sorprendeunos na poza e, estando en contra desta relación, matou o campesiño alí mesmo. A rapaza enlouquecida pola dor meteuse na poza e desapareceu. Dende entonces dise que as noites de verán escóitanse os lamentos da rapaza mora procedente da poza, e que a noite de San Xoán, a mora aparece na poza peiteando  os seus longos cabelos.

A Poza da Moura e un pequeno embalse natural de augas do río Muíños que despois segue o seu curso formando unha cascada, dende onde se pode contemplar gran parte da ría de Vigo. Ao lado da poza, atopase un antigo muíño de auga. Utilizaremos este tema, aproveitando que a poza esta situada preto deste para traballar no aula a función dos muíños, o seu funcionamento ou como se traballaba fai moitos anos con eles.



Como traballar os molinos

Faremos unha pequena introducción aos diferentes tipos de molinos que nos podemos atopar. Tamén daremos unha explicación de como funcionaban os molinos de auga e para que se utilizaban. Se temos a oportunidade poderiamos montar un entre toda a clase, de non poder facerse, ofrecemos un video onde si podemos observar o seu funcionamento.


Por último propoñemos unha actividade individual onde os nenos deberán elaborar un molino de vento, moi sinxelo e coa axuda da mestra ou mestre se é preciso. 





Ver Sen título nun mapa máis grande

Neste blog pretendemos mostrar as diferentes lendas que rodean a nosa cultura e os lugares aos que se refire. Ademais disto traballaremos con ditas lendas para introducir diferentes temas que estamos interesados en traballar, ou que consideramos que serian de interese para os nenos de infantil, así como algunhas manualidades para facer con eles.
O obxectivo que pretendemos alcanzar e que os nenos coñezan algo mais da cultura galega e que ao mesmo tempo podamos traballar con eles outros temas diferentes.