Despois de coñecer a lenda e o
funcionamento dos muíños de auga, propoñemos
unha visita por algunhas das rutas máis coñecidas de Pontevedra, co fin de que os nenos poidan
ver máis de preto a súa utilidade ademais de ter un contacto máis directo coa natureza.
En primeiro lugar propoñemos visitar os muíños
pretos da poza, unha ruta encantadora que nos remonta a tempos pasados cando os
vellos muíños estaban en pleno rendemento.
Outra ruta de interese é a de Samieira (Poio) con 15 quilómetros de
percorrido. Nela hai 23 muíños, dos que actualmente só dous funcionan e outros
dous foron restaurados.
O sendeiro comeza na praia ata o Foxo
das Vacas. O primeiro quilómetro de percorrido transcorre por Samieira, onde
podemos contemplar multitude de exemplos da arquitectura e de arte popular,
dende casas de construción típica galega ata hórreos e cruceiros. O camiño
transcorre por pistas forestais visitando algúns dos puntos máis salientables
do monte de Samieira. Pasaremos por fontes, calzadas, miradoiros naturais,
enclaves de formacións xeomorfolóxicas e mostras do noso pasado prehistórico.
Estes son algunhas das rutas de interese ainda que tamén hai moitas mais de interese.
Os muíños eran lugares de encontro e
espera das longas horas de moenda, tanto polo día como pola noite. Isto
incitaba a un ambiente festivo e de troula, que ven reflectido pola música
popular (as muiñeiras) e o folclore das cantigas:
“unha
noite no muíño
unha
noite non é nada
unha
semaniña enteira
esa
sí que é foliada”
Parque
da Natureza do Río Barosa (Barrro)
Mestura natureza e arquitectura popular
e o converte en arte. Presenta unha
fermosa cascada e catorce muíños de auga
que foron recuperados pola Escola Obradoiro “Camiño de Santiago-Barro”. O lugar
tamén conta con paneis informativos sobre a flora na que predominan os
amieiros, carballos, pinos e eucaliptos e as rutas da zona.
Moi interesante a vosa entrada. Chamounos a atención especialmente, xa que unha das integrantes do noso grupo tamén coñece esa poza e a lenda que xira entorno a ela. Anteriormente o acceso á poza era máis agreste e natural,se ben é certo que hoxe en día, debido á construción da autopista do Morrazo, así como a de chalets adosados, este lugar perdeu parte da súa beleza e encanto, aínda que é máis dooado o seu acceso. Cal é a vosa opinión ó respecto? Pensades que a poza corre perigo de desaparecer? Saúdos de parte das compoñentes do grupo PASIÑO A PASIÑO.
ResponderEliminarHola compañeiras, é certo que coa construcción da autopista, dos chalets e asi como o establecemento do campo de golf preto da poza fixo que esta perdera gran parte do seu encanto.
ResponderEliminarCremos que o feito de que constrúan tantas cousas tan preto da poza vai provocar que esta non se poida conservar, porque o feito é que dende a construcción dos chalets a estructura da parte superior da poza xa non é a mesma, senón que está máis chea de pedras e de escombros. Ademais disto, como podedes ver no mapa, xusto ao lado da entrada á poza talaron un amplio terreo de árbores o que provoca que a entrada estea en peores condicións.
Se as cousas seguen así e seguen sen ter en conta a prioridade de conservar un medio natural non sabemos se a poza desaparecerá, pero si sabemos que correrá un grande risco.
Grazas polo voso interese, un saúdo