martes, 6 de marzo de 2012

San Andrés de Teixido

San Andrés de Teixido é unha pequena aldea de apenas 50 habitantes onde as lendas e as tradicións galegas perviven ao longo dos séculos.



Conta a lenda, que certo día, Xesús atopou a San Andrés moi triste. Este preguntoulle porque estaba así e San Andrés contestoulle que vía como a tumba de Santiago ían moitos peregrinos mentres que a el non ía ninguén a visitalo.
 Xesús mirouno e sorrindo díxolle: “Non has de ser menos que Santiago. Prométoche que todo o mundo pasará polo menos unha vez na súa vida polo teu santuario” San Andrés deulle as grazas e preguntoulle como seria posible iso, ao que Xesús contestou que todo aquel que en vida non fose, tería que pasar por alí despois de morto.



De aquí o dito popular:
“Ao San Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo”


Este é a lenda de San Andrés de Teixido onde cada ano, entre o 16 de agosto e o 9 de setembro teñen lugar romarías que se celebran dende tempos remotos. Do mesmo xeito tense un gran respecto por todos os seres vivos que habitan o lugar xa que existe a crenza de que as almas dos mortos poden cumprir a súa peregrinación nos corpos dos animais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario