martes, 27 de marzo de 2012


Hola compañeiras/os, hoxe imos facer unha entrada cruzada con outro grupo da nosa clase. O seu blog chámase O teu paraíso, o meu fogar e esta dirixido a falar das illas Ons.
Para os que non as coñecen, as illas Ons están situadas en fronte a provincia de Pontevedra.

Visualizar o mapa ampliado



Nesta entrada que vamos a realizar tratando o tema deste outro blog vamos a falarvos dunha lenda propia destas illas. Esta é a lenda do Burato do inferno.
O Burato do inferno é a furna máis profunda de todas as que existen las illas Atlánticas (cavidade natural aberta nas rochas, sobre todo producida pola acción do mar). Esta furna conta cuns 45 metros de desnivel e 4 galerías, cun total de 114 metros. Dentro atopase un lago. Debido as súas características e a zona na que esta situada, este sitio recibe o nome de Burato do inferno, e unha lenda rodea este lugar.




A lenda di que polo Burato do Inferno escóitanse os lamentos das almas condenadas vagando polos seus pecados, e que nos días de grandes tempestades o mar chega ata alí batendo nas rochas e os berridos son entón interminables. Moitos cren que este é a baixada ata o mesmísimo inferno nos días de treboada.  Tamén din que algunhas noites unha procesión de almas en pena anuncian a morte entrando na illa pola Punta Centolo deixando o aviso e desaparecendo evaporándose no cemiterio.





Independentemente da lenda que rodea este lugar aconsellamos a todos os que poidan que visiten este espectacular lugar, que recibe todos os anos miles de visitas e que realmente aseméllase a entrada o inferno. 

martes, 13 de marzo de 2012

As lendas de Santa Trahamunda, patroa da morriña

Conta a lenda que Trahamunda ven desde Córdoba (Andalucía), que era musulmá e que chegou milagrosamente á illa de Tambo, unha mañá de Pascua, entre cantos e palmas. A tradición conserva este culto e nunha capela da igrexa do convento está o sartego desta santa.


Hai outra lenda que dí que Santa Trahamunda, era unha monxa, que vivía no convento de San Martiño coas súas irmáns, que era da orde beneditina.
Os mouros, que invadiron España, levaron como botín as mozas máis fermosas, como regalo para o seu sultán. Ela negouse e foi encarcerada nun calabozo. Cando chegou o día de San Xoán, Trahamunda púxose moi triste e logo de chorar un bo anaco, sentiu sono e quedouse durmida. No sono apareceulle un Anxo, que lle puxo unha poliña de palma na man. Cando espertou atopábase nun prado, xunto o convento. Era o amencer e os frades do Mosteiro cantaban maitins. Sentiu unha gran ledicia e alí mesmo plantou unha palma, que co tempo foi medrando. Desde entón aquel prado chámase “Prado da palma”. Trahamunda viviu moitos anos no convento e cando morreu foi enterrada no sartego de pedra que se conserva nunha capela da igrexa do convento de Poio.

A festa principal é o oito de Setembro. A xente devota (os ofrecidos), desta Virxe utiliza un hábito de cor branca-marfil cun cordón da mesma cor.



A xente cando soubo do prodixio comezaron a renderlle culto. Din que encomendándose a ela faise mais doce e menos agobiante o sentirse saudoso. Tamén din que evita a xordeira e os males de oído, quizais por iso pode ser mais coñecida, pero o entrañable é que exista unha patroa da saudade.

martes, 6 de marzo de 2012

San Andrés de Teixido

San Andrés de Teixido é unha pequena aldea de apenas 50 habitantes onde as lendas e as tradicións galegas perviven ao longo dos séculos.



Conta a lenda, que certo día, Xesús atopou a San Andrés moi triste. Este preguntoulle porque estaba así e San Andrés contestoulle que vía como a tumba de Santiago ían moitos peregrinos mentres que a el non ía ninguén a visitalo.
 Xesús mirouno e sorrindo díxolle: “Non has de ser menos que Santiago. Prométoche que todo o mundo pasará polo menos unha vez na súa vida polo teu santuario” San Andrés deulle as grazas e preguntoulle como seria posible iso, ao que Xesús contestou que todo aquel que en vida non fose, tería que pasar por alí despois de morto.



De aquí o dito popular:
“Ao San Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo”


Este é a lenda de San Andrés de Teixido onde cada ano, entre o 16 de agosto e o 9 de setembro teñen lugar romarías que se celebran dende tempos remotos. Do mesmo xeito tense un gran respecto por todos os seres vivos que habitan o lugar xa que existe a crenza de que as almas dos mortos poden cumprir a súa peregrinación nos corpos dos animais.