martes, 13 de marzo de 2012

As lendas de Santa Trahamunda, patroa da morriña

Conta a lenda que Trahamunda ven desde Córdoba (Andalucía), que era musulmá e que chegou milagrosamente á illa de Tambo, unha mañá de Pascua, entre cantos e palmas. A tradición conserva este culto e nunha capela da igrexa do convento está o sartego desta santa.


Hai outra lenda que dí que Santa Trahamunda, era unha monxa, que vivía no convento de San Martiño coas súas irmáns, que era da orde beneditina.
Os mouros, que invadiron España, levaron como botín as mozas máis fermosas, como regalo para o seu sultán. Ela negouse e foi encarcerada nun calabozo. Cando chegou o día de San Xoán, Trahamunda púxose moi triste e logo de chorar un bo anaco, sentiu sono e quedouse durmida. No sono apareceulle un Anxo, que lle puxo unha poliña de palma na man. Cando espertou atopábase nun prado, xunto o convento. Era o amencer e os frades do Mosteiro cantaban maitins. Sentiu unha gran ledicia e alí mesmo plantou unha palma, que co tempo foi medrando. Desde entón aquel prado chámase “Prado da palma”. Trahamunda viviu moitos anos no convento e cando morreu foi enterrada no sartego de pedra que se conserva nunha capela da igrexa do convento de Poio.

A festa principal é o oito de Setembro. A xente devota (os ofrecidos), desta Virxe utiliza un hábito de cor branca-marfil cun cordón da mesma cor.



A xente cando soubo do prodixio comezaron a renderlle culto. Din que encomendándose a ela faise mais doce e menos agobiante o sentirse saudoso. Tamén din que evita a xordeira e os males de oído, quizais por iso pode ser mais coñecida, pero o entrañable é que exista unha patroa da saudade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario