martes, 27 de marzo de 2012


Hola compañeiras/os, hoxe imos facer unha entrada cruzada con outro grupo da nosa clase. O seu blog chámase O teu paraíso, o meu fogar e esta dirixido a falar das illas Ons.
Para os que non as coñecen, as illas Ons están situadas en fronte a provincia de Pontevedra.

Visualizar o mapa ampliado



Nesta entrada que vamos a realizar tratando o tema deste outro blog vamos a falarvos dunha lenda propia destas illas. Esta é a lenda do Burato do inferno.
O Burato do inferno é a furna máis profunda de todas as que existen las illas Atlánticas (cavidade natural aberta nas rochas, sobre todo producida pola acción do mar). Esta furna conta cuns 45 metros de desnivel e 4 galerías, cun total de 114 metros. Dentro atopase un lago. Debido as súas características e a zona na que esta situada, este sitio recibe o nome de Burato do inferno, e unha lenda rodea este lugar.




A lenda di que polo Burato do Inferno escóitanse os lamentos das almas condenadas vagando polos seus pecados, e que nos días de grandes tempestades o mar chega ata alí batendo nas rochas e os berridos son entón interminables. Moitos cren que este é a baixada ata o mesmísimo inferno nos días de treboada.  Tamén din que algunhas noites unha procesión de almas en pena anuncian a morte entrando na illa pola Punta Centolo deixando o aviso e desaparecendo evaporándose no cemiterio.





Independentemente da lenda que rodea este lugar aconsellamos a todos os que poidan que visiten este espectacular lugar, que recibe todos os anos miles de visitas e que realmente aseméllase a entrada o inferno. 

2 comentarios:

  1. Realmente calquera lenda das que albergan os fermosos recunchos da nosa terra é única e máxica. Esta lenda é unha das máis coñecidas da nosa illa, pero gustaríanos saber se coñecedes algunha outra.
    Esperamos resposta, xa que, quén mellor ca vós (expertas en lendas) para achegarnos máis á parte máxica e misteriosa da nosa illa.

    ResponderEliminar
  2. Hola chicas! Ademais da lenda do Burato do Inferno si que coñecemos outras lendas propias desta illa. Unha destas lendas é a que di que como consecuencia do illamento que vivían os habitantes de Ons existe un túnel baixo a auga que une a illa de Ons coa ermita da Nosa Señora da Lanzada, formado por galerías que descubriron os mariñeiros. Se vos coñecedes algunha lenda máis deste sitio compartila con nos. Grazas e un saúdo

    ResponderEliminar