martes, 8 de mayo de 2012


Hola compañei@s! 
Aproveitando a nosa saída a cidade de Pontevedra, esta entrada estará dedicada a ela.
Percorremos varios puntos fundamentais da cidade guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, o cal ten un gran coñecemento da historia desta cidade.




Foi unha experencia diferente e boa  de  coñecer en primeira man os lugares e a súa historia, o que resultou moi beneficioso.
Cremos que na Educación Infantil e máis concretamente nas ciencias sociais, as saídas de campo son moi importantes, xa que a través da experiencia e do contacto co entorno favorecese o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
É necesario antes dunha saída  coñecer que é o que se vai visitar, cal é o obxectivo  e de que forma se vai levar a cabo. Unha vez rematada a saída farase unha posta en común de todos aqueles aspectos relevantes, e se é necesario  posteriormente realizar algunha actividade para reforzar o aprendido.

En canto os lugares visitados nesta saída, en relación co noso blog podemos centrarnos en algunhas das lendas desta cidade coma é a lenda do pirata Benito Soto, a cal chamounos a atención por ser considerado o último gran pirata do Atlántico.
Conta a lenda que este pirata foi executado en 1830 en Xibraltar por orden do tribunal inglés. Estaba acusado de ter exercido 7 anos de piratería no Atlántico, 75 asasinatos e o saqueo de dez barcos. Cerca de dous séculos máis tarde, o bucanero e a súa embarcación, o “Burla Negra”, reapareceron coa firme intención de recrutar a tripulación necesaria e reprender a súas fecharías.
A morte de este pirata inspirou a José Espronceda para compoñer o seu poema “Canción del pirata”, o cal foi recordado polas calles de Pontevedra.
A lenda de este pirata pervive diante da Casa das Campás, onde se di que esconde o seu tesouro.




Este ano celebrouse no Carnaval a festa deste pirata, onde moita xente achegouse o casco histórico  vestidos de piratas para renderlle culto e revivir esta lenda a cal compite coa xa tradición carvanalesca do loro Ravachol. Considérase pois que este loro encontrou o seu pirata.


                                          Casco histórico de Pontevedra na celebración do carnaval

domingo, 22 de abril de 2012

A lenda do Meco

Hola compañeir@S ! Hoxe vamos publicar unha lenda que ten a súa orixe preto da lenda da anterior publicación, trátase da lenda do "Meco". Esta lenda ocorreu no Grove, municipio e península situada na parte occidental da comparca do Salnés (provincia de Pontevedra). Algúns din que esta lenda non ocorreu exactamente neste lugar, senón na parroquia de San Vicente.


Conta a lenda que o pobo enteiro estaba enfrentado a un señor feudal por non querer pagar as rentas forales sobre a terra. Fartos dos abusos que sufrían os grovenses, uníronse e colgaron o señor feudal dunha figueira no monte Siradella. Despois disto, a xustiza pediu contas e tratou de averiguar quen era o culpable. Os parroquianos compartiron a responsabilidade e todos contestaron:


                                         ¿Quén matou ó Meco?", Matámolo todos"


De esta forma saíron impunes. Actualmente se di que a figueira sigue dando froitos vermellos, como a sa sangre do axusticiado.


Figueira do monte Siradella

martes, 10 de abril de 2012

As nove olas da Lanzada

Boas compañeir@s!!
Debido ao comentario que deixaron nunha das entradas, no que nos pedian máis lendas da illa de Ons, atopamos unha que está relacionada coa Lanzada. Por isto pareceunos interesante realizar unha entrada dedicada a Lanzada.


A Lanzada é unha praia que está situada no extremo occidental da comarca do Salnés. É unha das praias máis coñecidas e grandes de Galicia. Di a lenda que aquelas mulleres que non poidan ten fillos deberán bañarse e contar sete olas dende o número dous ata o numero nove se queren conseguir a fecundidade. As mulleres que queiran completar o rito de fecundidade deberán acostarse sobre a cama da Virxe que está preto da Ermita da Nosa Señora da Lanzada.


Esta é unha das lendas da praia da Lanzada, sen embargo, esta praia tamén esta asociada a unha das lendas da illa de Ons, na que se di que hai un tunel baixo a auga que une a illa de Ons coa Ermita da Nosa Señora da Lanzada.

Cabe mencionar que durante o último fin de semana de agosto celebrase a Romeria da Virxe da Lanzada e que a noite do sábado acuden centos de mulleres que desexan quedarse embarazadas.

martes, 27 de marzo de 2012


Hola compañeiras/os, hoxe imos facer unha entrada cruzada con outro grupo da nosa clase. O seu blog chámase O teu paraíso, o meu fogar e esta dirixido a falar das illas Ons.
Para os que non as coñecen, as illas Ons están situadas en fronte a provincia de Pontevedra.

Visualizar o mapa ampliado



Nesta entrada que vamos a realizar tratando o tema deste outro blog vamos a falarvos dunha lenda propia destas illas. Esta é a lenda do Burato do inferno.
O Burato do inferno é a furna máis profunda de todas as que existen las illas Atlánticas (cavidade natural aberta nas rochas, sobre todo producida pola acción do mar). Esta furna conta cuns 45 metros de desnivel e 4 galerías, cun total de 114 metros. Dentro atopase un lago. Debido as súas características e a zona na que esta situada, este sitio recibe o nome de Burato do inferno, e unha lenda rodea este lugar.




A lenda di que polo Burato do Inferno escóitanse os lamentos das almas condenadas vagando polos seus pecados, e que nos días de grandes tempestades o mar chega ata alí batendo nas rochas e os berridos son entón interminables. Moitos cren que este é a baixada ata o mesmísimo inferno nos días de treboada.  Tamén din que algunhas noites unha procesión de almas en pena anuncian a morte entrando na illa pola Punta Centolo deixando o aviso e desaparecendo evaporándose no cemiterio.





Independentemente da lenda que rodea este lugar aconsellamos a todos os que poidan que visiten este espectacular lugar, que recibe todos os anos miles de visitas e que realmente aseméllase a entrada o inferno. 

martes, 13 de marzo de 2012

As lendas de Santa Trahamunda, patroa da morriña

Conta a lenda que Trahamunda ven desde Córdoba (Andalucía), que era musulmá e que chegou milagrosamente á illa de Tambo, unha mañá de Pascua, entre cantos e palmas. A tradición conserva este culto e nunha capela da igrexa do convento está o sartego desta santa.


Hai outra lenda que dí que Santa Trahamunda, era unha monxa, que vivía no convento de San Martiño coas súas irmáns, que era da orde beneditina.
Os mouros, que invadiron España, levaron como botín as mozas máis fermosas, como regalo para o seu sultán. Ela negouse e foi encarcerada nun calabozo. Cando chegou o día de San Xoán, Trahamunda púxose moi triste e logo de chorar un bo anaco, sentiu sono e quedouse durmida. No sono apareceulle un Anxo, que lle puxo unha poliña de palma na man. Cando espertou atopábase nun prado, xunto o convento. Era o amencer e os frades do Mosteiro cantaban maitins. Sentiu unha gran ledicia e alí mesmo plantou unha palma, que co tempo foi medrando. Desde entón aquel prado chámase “Prado da palma”. Trahamunda viviu moitos anos no convento e cando morreu foi enterrada no sartego de pedra que se conserva nunha capela da igrexa do convento de Poio.

A festa principal é o oito de Setembro. A xente devota (os ofrecidos), desta Virxe utiliza un hábito de cor branca-marfil cun cordón da mesma cor.



A xente cando soubo do prodixio comezaron a renderlle culto. Din que encomendándose a ela faise mais doce e menos agobiante o sentirse saudoso. Tamén din que evita a xordeira e os males de oído, quizais por iso pode ser mais coñecida, pero o entrañable é que exista unha patroa da saudade.

martes, 6 de marzo de 2012

San Andrés de Teixido

San Andrés de Teixido é unha pequena aldea de apenas 50 habitantes onde as lendas e as tradicións galegas perviven ao longo dos séculos.



Conta a lenda, que certo día, Xesús atopou a San Andrés moi triste. Este preguntoulle porque estaba así e San Andrés contestoulle que vía como a tumba de Santiago ían moitos peregrinos mentres que a el non ía ninguén a visitalo.
 Xesús mirouno e sorrindo díxolle: “Non has de ser menos que Santiago. Prométoche que todo o mundo pasará polo menos unha vez na súa vida polo teu santuario” San Andrés deulle as grazas e preguntoulle como seria posible iso, ao que Xesús contestou que todo aquel que en vida non fose, tería que pasar por alí despois de morto.



De aquí o dito popular:
“Ao San Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo”


Este é a lenda de San Andrés de Teixido onde cada ano, entre o 16 de agosto e o 9 de setembro teñen lugar romarías que se celebran dende tempos remotos. Do mesmo xeito tense un gran respecto por todos os seres vivos que habitan o lugar xa que existe a crenza de que as almas dos mortos poden cumprir a súa peregrinación nos corpos dos animais.

martes, 28 de febrero de 2012

Ruta dos muíños


Despois de coñecer a lenda e o funcionamento dos muíños de auga,  propoñemos unha visita por algunhas das rutas máis coñecidas  de Pontevedra, co fin de que os nenos poidan ver máis de preto a súa utilidade ademais de ter un contacto máis directo coa natureza.
En primeiro lugar propoñemos visitar os muíños pretos da poza, unha ruta encantadora que nos remonta a tempos pasados cando os vellos muíños estaban en pleno rendemento.
Outra ruta de interese é a de Samieira (Poio) con 15 quilómetros de percorrido. Nela hai 23 muíños, dos que actualmente só dous funcionan e outros dous foron restaurados.


O sendeiro comeza na praia ata o Foxo das Vacas. O primeiro quilómetro de percorrido transcorre por Samieira, onde podemos contemplar multitude de exemplos da arquitectura e de arte popular, dende casas de construción típica galega ata hórreos e cruceiros. O camiño transcorre por pistas forestais visitando algúns dos puntos máis salientables do monte de Samieira. Pasaremos por fontes, calzadas, miradoiros naturais, enclaves de formacións xeomorfolóxicas e mostras do noso pasado prehistórico.
Estes son algunhas das rutas de interese ainda que tamén hai moitas mais de interese.



Os muíños eran lugares de encontro e espera das longas horas de moenda, tanto polo día como pola noite. Isto incitaba a un ambiente festivo e de troula, que ven reflectido pola música popular (as muiñeiras) e o folclore das cantigas:

“unha noite no muíño
unha noite non é nada
unha semaniña enteira
esa sí que é foliada”




Parque da Natureza do Río Barosa (Barrro)
Mestura natureza e arquitectura popular e o converte en arte.  Presenta unha fermosa cascada e  catorce muíños de auga que foron recuperados pola Escola Obradoiro “Camiño de Santiago-Barro”. O lugar tamén conta con paneis informativos sobre a flora na que predominan os amieiros, carballos, pinos e eucaliptos e as rutas da zona.

martes, 14 de febrero de 2012

Poza da Moura

A primeira lenda coa que imos traballar é a da Poza da Moura. A poza da Moura atopase en Domaio- Moaña.



Conta a lenda que fai moitísimo anos un mouro vivía en Domaio coa súa fermosa filla. Esta rapaza namorouse dun campesiño da zona e os dous víanse en secreto na poza para que ninguén se enterase. Pero un dia o pai da rapazada sorprendeunos na poza e, estando en contra desta relación, matou o campesiño alí mesmo. A rapaza enlouquecida pola dor meteuse na poza e desapareceu. Dende entonces dise que as noites de verán escóitanse os lamentos da rapaza mora procedente da poza, e que a noite de San Xoán, a mora aparece na poza peiteando  os seus longos cabelos.

A Poza da Moura e un pequeno embalse natural de augas do río Muíños que despois segue o seu curso formando unha cascada, dende onde se pode contemplar gran parte da ría de Vigo. Ao lado da poza, atopase un antigo muíño de auga. Utilizaremos este tema, aproveitando que a poza esta situada preto deste para traballar no aula a función dos muíños, o seu funcionamento ou como se traballaba fai moitos anos con eles.



Como traballar os molinos

Faremos unha pequena introducción aos diferentes tipos de molinos que nos podemos atopar. Tamén daremos unha explicación de como funcionaban os molinos de auga e para que se utilizaban. Se temos a oportunidade poderiamos montar un entre toda a clase, de non poder facerse, ofrecemos un video onde si podemos observar o seu funcionamento.


Por último propoñemos unha actividade individual onde os nenos deberán elaborar un molino de vento, moi sinxelo e coa axuda da mestra ou mestre se é preciso. 





Ver Sen título nun mapa máis grande

Neste blog pretendemos mostrar as diferentes lendas que rodean a nosa cultura e os lugares aos que se refire. Ademais disto traballaremos con ditas lendas para introducir diferentes temas que estamos interesados en traballar, ou que consideramos que serian de interese para os nenos de infantil, así como algunhas manualidades para facer con eles.
O obxectivo que pretendemos alcanzar e que os nenos coñezan algo mais da cultura galega e que ao mesmo tempo podamos traballar con eles outros temas diferentes.